Imaxe 1



Especialidades




Odontoloxía Infantil

Imaxe 1
A Odontopediatría é unha rama da Odontoloxía que atende e trata as distintas enfermidades bucodentais dende a infancia máis temperá ata finalizar o crecemento.

A odontopediatra, Belén Debiaggi, encargarase de explorar a cavidade oral do menor e detectar posibles anomalías na dentición temporal (dentes de leite), así como de aplicar un procedemento e un tratamento individualizados.
Imaxe 1

Primeira visita ao dentista

Recoméndase que a primeira revisión dental dos nenos se produza cando se cumpra o primeiro ano de vida. Nela, Belén revisará o crecemento do maxilar e da mandíbula, a correcta erupción dos dentes e descartará a presenza de patoloxías como a caries.

A etapa dos 0 aos 3 anos considérase de carácter preventivo. En caso de non existir ningún problema, recoméndase unha visita anual. Non obstante, a partir dos 5 anos, durante o período de recambio, é aconselable facer unha revisión cada 6 meses. Imaxe 1
Imaxe 1
Imaxe 1

🌟 ¡Non te perdas este emocionante vídeo! 🎬



Hoxe a doutora Belén Debiaggi Baigorria, a nosa odontopediatra, comparte a súa paixón por traballar con nenos e cóntanos as súas tácticas para brindarlles a mellor atención dental 🦷.

Descubre por que é tan importante ter en conta certos aspectos ao coidar da saúde dental dos máis pequenos. ¡Non te lo perdas! 👧🏾🧒🏼💖
Imaxe 1
Na Clínica Dental Baigorria combinamos o mantemento dunha excelente saúde bucal cunha práctica dental cosmética de primeira clase.

Enorgullécemosos da nosa meticulosa artesanía e atención ao detalle, o noso ambiente familiar amigable, un estándar de limpeza sen concesións e un nivel de elite de técnicas e equipos modernos que permiten aos nosos pacientes un nivel sofisticado de comodidade e confianza.

Unha nova experiencia dental para a provincia de Pontevedra!.

Clínica Baiona

Rúa Ramón y Cajal 9 - 1 A,
Baiona (Pontevedra)

Clínica O Rosal

Rúa Xulio Sesto baixo 15
O Rosal (Pontevedra)

+34 986 35 72 58

+34 689 365 259

dentalbaigorria@gmail.com